O III Enduro Monte Castelo Burela será o 16 de abril

AMariñaXa
O Club Cerdeira Bikes, organizadores da carreira III Enduro Monte Castelo Burela comunicaron a nova data para o seu evento
Enduro monte castelo 2023
4 Mar 2023

O Club Cerdeira Bikes, organizadores da carreira III Enduro Monte Castelo Burela comunicaron a nova data para a realización do seu evento que será os vindeiros 15 e 16 de abril.

Jaime Seijas, presidente do club organizador, explica que "se trata dunha carreira de bicicletas na modalidade en enduro que se celebrapolo Monte Castelo de Burela e polas propias rúas do pobo".

Dita carreira forma parte da Copa Galicia polo que está dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo, e a previsión de participantes é como nas anteriores edicións duns 150 corredores.

0.090441226959229