O Iadovi de Cervo consegue éxitos no Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala
Celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala ao que asistiron representantes do Club Iadovi de Cervo especialista en arco composto (poleas) Jorge Álvarez Amor e Gilberto Flores Rodrigo, na categoría de veteranos.
Ao final da serie clasificatoria, Jorge Álvarez acadou o segundo posto cunha puntuación de 556 (máximo 600 puntos). Gilberto Flores quedou na quinta posición con 545 puntos. Só Jorge Álvarez pasaría a disputar as eliminatorias, comezando en semifinais, o noso seteiro caería no seu primeiro encontro ante José Luis Rodríguez do CUTARC TEAM Club da Coruña, despois das dúas primeiras entradas Jorge sacaría unha lixeira vantaxe que perdeu nas tres seguintes entradas, rematando o encontro cun resultado moi axustado 140 a 141 puntos dun máximo de 150 puntos posibles.
Tras a súa derrota ante José Luis, Jorge Álvarez enfrontouse ao representante do Club Meigarco (Redondela), Ramón Iglesias Muíños, polo terceiro posto, nesta ocasión a vantaxe que conseguiu nas súas dúas primeiras entradas manteríaos ata o final do encontro. Isto é de 136 a 133 puntos, o que lle bastaría para gañar o bronce.
No arco recurvo, na categoría de veteranos representounos Jorge Galante, que tras a serie clasificatoria queda na terceira posición con 518 puntos, pero caeu no seu primeiro encontro en eliminatorias, que comezou en cuartos de final, un encontro moi axustado contra Luis Baamonde do Club Arco Ferrol, ambos arqueiros empataron a cinco puntos de set, e tiveron que disputar o encontro cunha soa frecha, conseguiron colocar as súas frechas no marcador de nove, pero a frecha do representante ferrolán estivo máis preto do centro da diana. polo que o noso seteiro abandona a competición. Jorge Galante consegue o quinto posto.
No arco espido Santiago González Villares non defraudou, acadou o primeiro posto da serie clasificatoria con 527 puntos. As eliminatorias disputarianse a partir dos cuartos de final. O seu primeiro rival foi David Moreno Sánchez do Lumelar Club de Ourense, ao que venceu por 6 a 2 nos puntos de set. O seu segundo encontro en semifinais sería ante Manuel Costal do club pontevedrés Boa Vila, cun resultado aplastante de 6 a 2 en puntos de set que o catapultaron á final ante Enrique Busto do Arqueros do Barbanza, aquí as cousas xa cambiaran, despois de empatar os dous primeiros sets, perdeu no terceiro 26 a 24 puntos, só dous puntos de diferenza que colocaron Enrique 4 a 2 en vantaxe de puntos de set, se gañaba o seguinte set deixaría o Santiago na segunda posición. Pero o noso saeteiro é persistente, como xa nolo demostrou, esta non sería a ocasión na que cedece, pon todo o seu esforzo no encontros restantes e gaña os dous sets seguintes e con elo o Campionato Galego.
Unha vez máis Santiago González demostrou que ten o nivel para ser campión galego, agora só queda enfrontarse un ano máis ó campionato nacional que se celebrará en Valdepeñas, Cidade Real, o vindeiro mes de xaneiro.