O I Campus Mixto FutbolinLugo anunciou varios invitados

AMariñaXa
Burela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se desenvolverá do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa .
campus futbolinLugo mixto burela
10 Xuño 2023

O I Campus Mixto FutbolinLugo de Burela, que se celebrará do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa e está destinado a nenas e nenos de 5 a 16 anos, contará con varios e interesantes fichaxes.

A Marosa contará coa presenza de Diego Díaz, un dos coordinadores do Campus, graduado como mestre de Educación Primaria e título UEFA Pro de fútbol (Nivel 3 Nacional) e esta tempada estivo ao mando do San Roque na Segunda Galicia.

Jairo Campo, outro dos coordinadores do Campus. Graduado como mestre de Educación Física e título UEFA Pro de fútbol sala (Nivel 3 Nacional) e de fútbol UEFA B (Nivel 1).
Esta tempada coordinou a base feminina do CD Pescados Rubén Burela FS e adestrou ao cadete e xuvenil feminino.

Alberto, Kaiser, será un dos adestradores que dirixan sesións durante toda a semana. Graduado como mestre de Educación Física e Título UEFA B de fútbol (Nivel 1). Un referente no fútbol base na provincia de Lugo, coordinando e dirixindo diferentes equipos na SDC Residencia de Lugo.

David Díaz,Chumi, será o principal adestrador de porteiros do Campus. Graduado en Física e Química e docente por esta especialidade de Educación Secundaria. Chumi esta tempada defendeu a portería do Portomarín en Preferente

Aarón Sánchez tamén estará en A Marosa. Un dos adestradores con máis experiencia no fútbol base da provincia. Titulado como adestrador de fútbol UEFA A (Nivel 2) e tras coordinar e dirixir en Franciscanos e no CP Casás incorporouse ao CD Lugo no que xa leva varias tempadas como adestrador. Tamén ven de realizar un gran traballo na SD Outeiro de Rei en Primeira Galicia

O I Campus Mixto Futbolinlugo é unha realidade e quedan moitas confirmacións para estas semanas. Pódese reservar a praza na seguinte ligazón.

campus futbol burela 2023
0.20166897773743