O historiador José Antonio Gómez Martínez presentará na Pontenova o libro 'El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo'

AMariñaXa
Trátase dunha obra de 416 páxinas dedicada á historia da liña ferroviaria e á súa influencia no desenvolvemento da comarca
presentación-el-ferrocarril-de-valladolid-a-ribadeo-a-ñontenova
12 Jul 2026

A Casa da Cultura da Pontenova será escenario o vindeiro sábado 18 de xullo da presentación do libro El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, unha publicación do investigador José Antonio Gómez Martínez centrada na historia desta emblemática infraestrutura ferroviaria e na súa importancia para o desenvolvemento da comarca.

O acto celebrarase ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa participación do propio autor, así como de Gabriel Ramallal Fernández, encargado do prólogo da obra, e do alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde.

O volume recompila anos de investigación e documentación sobre o antigo ferrocarril. A publicación conta con 416 páxinas, incorpora 334 ilustracións e inclúe un plano despregable da liña ferroviaria de 80 por 27 centímetros.

A presentación está aberta á participación da veciñanza e de todas aquelas persoas interesadas na historia local, no patrimonio industrial e na evolución do ferrocarril, nun acto que permitirá coñecer en detalle unha obra dedicada a recuperar a memoria dunha das infraestruturas máis representativas da comarca.

0.14410901069641