O Grupo de Participación Adolescente de Burela continúa medrando con novas propostas e actividades

O Grupo de Participación Adolescente (GPA) de Burela celebrou recentemente unha nova xuntanza na que os mozos e mozas seguiron traballando en diversas iniciativas. O concelleiro de Xuventude, Mario Pillado, destacou a importante asistencia e o crecemento do grupo tanto en número como en diversidade.
A xuntanza centrouse en varias propostas, como a reflexión sobre o amor e as relacións, aproveitando as celebracións do Día do Solteiro e do Día dos Namorados. Neste contexto, o GPA iniciou a planificación dunha actividade especial relacionada con estas temáticas.
Ademais, a aula de xogos da Casa da Xuventude, que acolle un crecente número de mozos e mozas, centrouse na organización de campionatos ou ligas de Ping Pong e UNO, para fomentar as relacións interpersoais e dinamizar o espazo xuvenil.
Outro dos puntos tratados foi a conmemoración do Día Mundial da Radio, coa intención de levar a cabo actividades relacionadas coa comunicación. Unha das propostas foi realizar unha entrevista radiofónica para visibilizar o traballo do GPA e achegarse a un público máis amplo.
Pillado resaltou a importancia deste crecemento e implicación da mocidade, subliñando a satisfacción de ver como o grupo medra e como novos membros se achegan, aportando ideas e disfrutando das actividades.