O Goberno local de Alfoz quixo parabenizar á veciña máis lonxeva do municipio
AMariñaXa
VIA Alfoz informou das negociacións do pasado proceso electoral pola "gran cantidade de preguntas e dúbidas da veciñanza"
![aniversario Fuensanta balseiro alfoz 102](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2023/09/aniversario-Fuensanta-balseiro-alfoz-102.jpg)
13 Sep 2023
O Goberno local de Alfoz quixo parabenizar onte, 12 de setembro, á veciña máis lonxeva do termo municipal, Fuensanta Balseiro Martínez.
Esta veciña naceu en 1921 e continua a celebrar o seu aniversario cun bo estado de saúde.
A alcaldesa, Efigenia Maseda, e o concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a felicitala como representantes do Concello para agasallala cunha cesta de diferentes produtos e unha das plantas que máis lle gustan.