O Gijón 3x3 e o Pilas Pues foron os gañadores do 3x3 Urbanbasket Viveiro
AMariñaXa
Diverbasket, unha iniciativa para este Nadal coa que se busca compartir os valores do deporte a través dun torneo de 3x3 en Viveiro
21 Ago 2023
O Concello de Viveiro acolleu unha nova edición do seu torneo 3x3 Urbanbasket Viveiro. Houbo dúas categorías, masculina e feminina, cun total de 3.000 euros en metálico en premios.
O Gijón 3x3 foi o gañador do torneo tras impoñerse nunha gran final ao Hoops Ferrol 3x3. Os gañadores do 2Ball foron Sebas e Carlos e o do concurso de triples foi Brais, de Ferrol. Na categoría femenina o equipo Pilas Pues impúxose ao Quevedo sin el linton.
Durante os descansos os rapaces de Street Dance School de Cedeira amenizaron o evento cos seus bailes.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou “a consolidación e a importancia deste evento dentro da estratexia do Concello para seguir potenciando o deporte entre a veciñanza”.