O GDR Terras de Miranda presentou os resultados dos seus proxectos do programa Leader

AMariñaXa
O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda presentou na Casa da Penela en Mondoñedo varios proxectos
proxectos GDR terra miranda
28 Out 2022

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda presentou na Casa da Penela en Mondoñedo os proxectos de Mellora da dixitalización de empresas vinculadas aos sectores turístico e agroalimentario e Estudo e creación dun Club de Produto de Ecoturismo, realizados a través do programa Leader 2014-2020.

Abrindo a xornada en representación do GDR Terras de Miranda estivo a vicepresidenta primeira e tenente alcalde do Concello de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez Rico e a xerente, Elena Martínez.

Acto seguido foi a posterior presentación dos resultados dos proxectos a empresa Valora Consultores,S.L e concluíndo con un pequeno debate e intervención por parte dos asistentes.

0.39578700065613