O GDR Terras de Miranda organizou un Fam Trip
O GDR Terras de Miranda, dentro do programa Leader 2014-2020, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, organizou do 7 ao 10 de febreiro, un Fam Trip no territorio, xunto ao Grupo Avoris, o maior grupo turístico español e un máis grandes de Europa e a empresa Elige Tu Viaje. Buscando co mesmo, a promoción turística de A Mariña, a desestacionalización do sector turístico, a difusión e posta en valor da marca Galicia Calidade e o coñecemento do potencial turístico do territorio.
Contouse coa presencia de 28 directivos de axencias de viaxes de Baleares e Canarias do Grupo Avoris, emisores que teñen as principais saídas en temporada baixa, de novembro a abril. Os cales marcharon encantados do noso territorio e agora programarán paquetes turísticos para grupos.
O Fam Trip contaba con un programa para 3 días, percorrendo diversos concellos do territorio: Ribadeo, Viveiro, Cervo, Foz e Mondoñedo. Durante o mesmo foron recibidos en cada concello polos seus alcaldes e outros membros dos equipos de goberno e persoal técnico, así como se contou tamén coa presencia e acompañamento nun dos actos da Directora Xeral de Turismo, Nava Castro e o alcalde de O Vicedo.