O GDR Terras de Miranda organiza un curso de iniciación á apicultura
AMariñaXa
O GDR Terras de Miranda, dentro do programa Leader 2014-2020, organizou do 7 ao 10 de febreiro, un Fam Trip no territorio
5 Sep 2023
O GDR Terras de Miranda organiza un curso de iniciación á apicultura que se desenvolverá a finais de setembro.
Este obradoiro, realizado pola Oficina Rural de Mondoñedo, está destinado a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandeiría, industria agroalimentaria e cadea forestal- madereira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Será na finca A Granxa do IES San Rosendo durante os días 25, 26 e 27 de setembro e terá unha duración de 20 horas.
Para máis información haberá que poñerse en contacto chamando ao 982 828 533.