O GDR Terras de Miranda informou da nova convocatoria de axudas Leader
AMariñaXa
O GDR Terras de Miranda comunicou que a Axencia Galega de Desenvolvento Rural publicou no DOG do 29 de decembro de 2022 a nova convocatoria de axudas Leader para os períodos 2023 -2024, dirixidas a proxectos produtivos e non produtivos cofinanciadas con fondos Feader, Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia.
10 Xan 2023

O orzamento total para o territorio GDR Terras de Miranda é de 558.027,40 euros. E para participar é necesario presentar a solicitude das axudas a través de sede electrónica, co codigo do procedemento MR701D. O prazo para solicitar a subvención remata o 31 de xaneiro de 2023.
Para máis información deberase consultar a páxina web do Grupo de Desenvolvemento Rural ou no teléfono 982 507 111