O fútbol de verán en Ribadeo colle forza co I Torneo Breogán

AMariñaXa
Sporting de Xixón, Racing de Ferrol e Arenteiro serán os protagonistas dunha xornada intensa no estadio Pepe Barrera o 10 de agosto
campo-de-futbol-recurso
18 Jul 2025

Ribadeo converterase o vindeiro domingo 10 de agosto nun dos epicentros do fútbol galego e asturiano coa celebración do I Torneo Breogán, unha nova proposta deportiva que promete atraer a afeccionados de toda a contorna. O Estadio Municipal Pepe Barrera acollerá dous partidos de alto nivel, cun cartel de luxo.

A xornada comezará ás 12:00h co encontro entre o CD Arenteiro e o Real Sporting de Xixón, un duelo que abrirá o apetito futbolístico da mañá e que irá acompañado dunha sesión vermú e tardeo para o público asistente.

Xa pola tarde, ás 19:00h, será a quenda do segundo partido, co Racing Club de Ferrol enfrontándose tamén ao Sporting, nun choque que pechará a primeira edición deste torneo, organizado co apoio do Grupo Breogán.
Prezos e entradas

As entradas para cada partido custarán 15 euros para maiores de 15 anos e 5 euros para nenos/as de entre 8 e 15 anos. Os máis pequenos, de menos de 8 anos, poderán acceder de balde.

Tamén se ofrece un bono especial para os dous encontros, a 25 euros (adultos) e 8 euros (nenos/as entre 8 e 15 anos). Estes bonos poden adquirirse anticipadamente en Bar A Cova e Restaurante El Huerto, así como nas taquillas do estadio Pepe Barrera o mesmo día dos partidos.

A vila mariñá prepárase así para unha xornada festiva e deportiva que reunirá familias, seareiros e amantes do bo fútbol nun ambiente seguro e animado.

⚙ Configurar cookies
0.13666605949402