O Fuciño do Porco recibirá máis dun milleiro de visitas polo verán e pronto haberá un servizo de bus dende o Vicedo

TerraChaXa | AMariñaXa
5 Jul 2019

O enclave turístico do Fuciño do Porco, un acantilado que se adentra no mar e que permite gozar dunha singular vista sobre a costa occidental da Mariña, está previsto que reciba da orde de entre mil e 1.500 visitas cada día durante o verán. "Por exemplo, unha xornada forte foi o domingo de Resurrección da Semana Santa, cando se achegaron ao lugar unhas 2.000 persoas", matiza o auxiliar de atención turística do Vicedo, Hugo José Carrillo. Ademais, dende o Concello avanzan que en breve se fletarán varios autobuses para achegar aos turistas dende o casco urbán ata a paraxe e así desconxestionar a zona.
A idea é que varios buses saian a diario dende o porto do Vicedo ata ao Fuciño do Porco e logo volvan, de xeito que haxa varios transportes ao día e evitar con iso a saturación e aglomeración de coches nun lugar que cada vez atrae a máis xente.
O aparcadoiro que había inicialmente permite aparcar a entre 12 e 15 vehículos, mentres que hai un mes aproximadamente que se habilitou outro cercano ao Fuciño do Porco, nunha explanada con capacidade para que estacionen outros 30 automóbiles.

0.17024493217468