or mor dos temporais de auga destas últimas semanas.">

O Fuciño do Porco estará pechado por seguridade

AMariñaXa

O Fuciño do Porco estará pechado durante un tempo para reparar unha varanda que caeu por mor dos temporais de auga destas últimas semanas.

29 dic 2022

O Fuciño do Porco estará pechado durante un tempo para reparar unha varanda que caeu por mor dos temporais de auga destas últimas semanas.

Así, levaranse a cabo as tarefas de reparación correspondentes para garantizar a seguridade dos visitantes e "manter unha zona tan fráxil xeolóxicamente como en calquera cantil", explicou o rexedor vicedense Jesús Novo.

Tal como explica, "o poste está nun terreo inestable e as filtracións causadas polas intensas chuvias destes días fixeron que o terreo cedera". "Isto é algo que ocorre case todos os anos pois está a beira do mar, hai furnas por debaixo, e polo tanto a erosión vai actuando. Noutra ocasión tívose que variar o percorrido", engadiu.

"A solucion idonea sería facer a pasarela máis arriba", di o rexedor, "pero falarase co presidente de Portos de Galicia, Francisco Barea, na vindeira reunión".

Polo tanto, ata que rematen ditas obras, queda prohibido o acceso ás pasarelas de Fuciño do Porco.