O Foro Social da Mariña organiza unha charla sobre a vivenda

AMariñaXa
Xusto Fernández, Foro Social da Mariña: “Traballamos a prol dos dereitos sociais e os valores democráticos”
foto presentación Foro social mariña
23 Nov 2023

O Foro Social da Mariña organiza para o venres 24 de novembro unha charla baixo o título, A vivenda: cara onde imos?.

Esta cita será no salón de actos do Centro Social de San Cosme de Barreiros.  ás 20.00 horas. O relator: Rubén Camilo Lois González, catedrático de  Xeografía na USC.  Tamén foi director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo de Análises  Territorial da USC e director da Fundación Centro de Estudos Euro-Rexionais.

"Nestes tempos nos que están en cuestión dereitos tan básicos como o acceso a unha vivenda digna, situando a cada vez máis persoas nunha situación de vulnerabilidade; queremos someter a debate esta problemática que atinxe a ao conxunto da cidadanía", din dende o colectivo.

"A problemática da vivenda en temas como a ordenación do territorio e as súas consecuencias, o encarecemento do alugueiro, o incremento da vivenda turística, a necesidade dun parque público de vivenda, o encarecemento das hipotecas, os desafiuzamentos ou a vivenda baleira, serán obxecto de análise e debate na perspectiva da construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria", engaden.

https://galiciaxa.com/2023/07/amxa/zonas-amxa/pontenova-amxa/218051/

0.15413808822632