O Foro Social da Mariña organiza unha charla sobre a vivenda
O Foro Social da Mariña organiza para o venres 24 de novembro unha charla baixo o título, A vivenda: cara onde imos?.
Esta cita será no salón de actos do Centro Social de San Cosme de Barreiros. ás 20.00 horas. O relator: Rubén Camilo Lois González, catedrático de Xeografía na USC. Tamén foi director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo de Análises Territorial da USC e director da Fundación Centro de Estudos Euro-Rexionais.
"Nestes tempos nos que están en cuestión dereitos tan básicos como o acceso a unha vivenda digna, situando a cada vez máis persoas nunha situación de vulnerabilidade; queremos someter a debate esta problemática que atinxe a ao conxunto da cidadanía", din dende o colectivo.
"A problemática da vivenda en temas como a ordenación do territorio e as súas consecuencias, o encarecemento do alugueiro, o incremento da vivenda turística, a necesidade dun parque público de vivenda, o encarecemento das hipotecas, os desafiuzamentos ou a vivenda baleira, serán obxecto de análise e debate na perspectiva da construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria", engaden.
https://galiciaxa.com/2023/07/amxa/zonas-amxa/pontenova-amxa/218051/