O focense Miguel Diz, campión galego en 500 metros
O deportista Miguel Diz, do club atletismo Ría de Foz, quedou campión galego nos 500 m sub10 no Campionato Galego que se desenvolveu na cidade de Pontevedra para as categorías sub10, sub12 e sub14. A representación focense nesta proba autonómica centrouse na categoría sub10.
Miguel Diz fizo unha gran actuación, non só foi o máis rápido de todos, ademais baixou a súa mellor marca nos 500ml ata en 10 segundos para deter o crono en 1:35.99.
Por outra banda Amelia, nos 500 metros, realizou unha gran actuación. Entrou como segunda da súa serie en meta e parou o crono en 1:51.23, mellorando tamén a súa marca persoal.
ESCOLAS DE LOURENZÁ
Por outra banda, na mesma competición, a laurentina Lidia Balseiro quedou campioa galega en 1000 metros da categoría alevín e Julia Fernández, subcampioa autonómica de 500 mentros infantil, ambas as dúas melloraron tamén os seus rexistros.