O equipo de fútbol sala Pescados Rubén Burela ascende a Primera División

AMariñaXa
O Pescados Rubén Burela regresa dúas tempadas despois á elite tras gañar ao Vista Alegre
Ascenso-Pescados-Rubén-Burela-FS
16 Xuño 2024

O Pescados Rubén Burela regresa dúas tempadas despois á elite, á primeira división do Fútbol Sala nacional, logo de facerse co segundo punto da final na quenda de penaltis.

Desde o equipo sosteñen que foi "nun fantástico partido diante dun Vista Alegre cheo ata as topes, no que os burelistas foron durante a maior parte do partido por diante, pero a UMA Antequera non se engurrou en ningún momento e demostrou que tamén estaba feito para ascender a Primeira División".

O tempo de desconto finalizou con empate a cinco tantos, o marcador non se moveu na prórroga e despois dunha quenda de penaltis larguísima, Kaluza detiña o décimo séptimo penalti, lanzado polo exburelista Pope, e o capitán Lucho levaba a éxtase ás bancadas do coliseo burelense co tanto que significaba o 7-6 final.

0.1830198764801