O Entroido de Barreiros repartirá 1.000 euros en premios e contará con cea e festa

AMariñaXa
O Entroido de Barreiros xa ten a súa programación e na que destaca o venres 24 o desfile no que se repartirán 1.000 euros en premios
entroido barreiros 2023
entroido barreiros 2023
11 feb 2023

O Entroido de Barreiros xa ten a súa programación e na que destaca o venres 24 o desfile no que se repartirán 1.000 euros en premios e a posterior cea e festa.

Na presente edición colaborarán co Concello na organización a comisión de festas do San Bartolo e as comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas recuperando tanto a cea como a festa no pavillón municipal adiada por mor da pandemia os anos anteriores.

O domingo 19 ás 18.00 horas será a festa infantil de disfraces no centro social con xogos, música e a visita dos cabezudos. O mércores 22 será o turno do obradoiro de disfraces para o cal será preciso anotarse previamente.

A continuación do desfile, na noite do venres 24, volverá a ter lugar a cea e festa do Entroido na que o recaudado será a prol das asociacións colaboradoras do entroido 2023.

O prezo da cea, que estará servida por Chao da Brea, será de 25 euros e incluirá callos e costela como pratos principais, con opción de menú infantil por 15 euros.
Os puntos de venta das entradas para a cea son o restaurante Asador, a cafetería Centro Social, o Concello ou nos teléfonos 669 958 271, 698 192 121 e 609 575 536. A festa estará amenizada por Eventec e a entrada será libre.

entroido barreiros 2023