O emblemático Pazo de Ibáñez, en Ribadeo, tinguiuse de rosa polo Día Mundial contra o Cancro de Mama

AMariñaXa
Esta iniciativa, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), busca visibilizar a importancia da investigación
ilumación-fachada-Concello-cancro
20 Out 2024

O emblemático Pazo de Ibáñez, sede do Concello de Ribadeo, tinguiuse de rosa para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Esta iniciativa, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), busca visibilizar a importancia da investigación e o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade.

Elena Sierra, concelleira de Benestar Social, destacou a campaña deste ano, que leva por lema "Yo doy duro por ellos/ellas", resaltando o papel do exercicio físico e a investigación como "grandes aliadas para un futuro sen cancro de mama." Sierra engadiu: "Un ano máis, dende o Concello de Ribadeo mostramos o noso apoio a esta campaña, subliñando a importancia de seguir traballando na investigación para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade."

No acto de acendido do alumeado rosa participaron, ademais de Elena Sierra, as concelleiras de Igualdade, Comercio e Seguridade, o alcalde de Ribadeo e a presidenta de ACISA, xunto ás representantes da AECC local. O alumeado rosa poderá verse dende onte na Casa do Concello como símbolo de solidariedade e concienciación na loita contra o cancro de mama.

0.28017902374268