O ED Lourenzá iniciou os adestramentos tras ano e medio sen competir
Despois de 17 meses, os xogadores do 1º equipo do ED Lourenzá volveron a adestrar no feudo de Santa Cruz. Fixéronno tras pasar todos co seu respectivo negativo os test de antíxenos.
Na súa presentación estiveron presentes a alcaldesa da localidade, Rocío López, e un representante de Construcciones Augacons, una no máis patrocinador do conxunto.
O equipo renovou ao completo tal e como estaba deseñado para iniciar a liga o ano pasado en Primeira Galicia, que ao final suspendeuse pola negativa da maioría de clubs de iniciar a competición debido á covid.
Así, Roberto Ramallal e Michael Sante continúan dirixindo ao equipo dende a banda. Baixo paus están situados Bugui e Clemente e defenderán Alex, Álvaro, Diego Rivas (que procede do xuvenil), Diego Juve, Javi Arruñada, José Falcón, Suso Foro e Hermida.
No medio campo estarán situados Montxo, Garrafín, Noé Recalde, Aitor, Jorge, Luís, Manuel, Paulo e Julián (que tamén procede do xuvenil). Rematará por diante Iván Recalde, Iago Cruña e Pichi.
Non descartan algunha nova incorporación antes do inicio da Liga.