O derradeiro Entroido da Mariña, o de Lourenzá, será este Domingo

AMariñaXa
O domingo 26 de febreiro os veciños de Lourenzá festaxarán o seu tradicional Domingo de Piñata de Entroido.
23 Feb 2024

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá están a prepara o tradicional desfile de Entroido ou Domingo de Piñata que este ano trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional.

Para participar será necesario a previa inscrición no email entroidolourenza@gmail.com antes do venres 23 ou o mesmo día do desfile no recinto feiral de 12.00 a 15.30 horas.

O desfile sairá do recinto feiral ás 16.30 horas e percorrerá as rúas da vila ara a praza do Conde Santo e repartirán máis de 5.600 euros en premios.

0.15904808044434