O deporte base convértese en homenaxe no XII Memorial Rodrigo Maseda Lozano

AMariñaXa | ACoruñaXa
Máis de medio milleiro de rapaces e rapazas participarán entre o 20 e o 24 de xuño en Burela nun torneo de fútbol sala con espírito de lembranza, convivencia e superación
Memorial-heroes-orzan-2019
26 May 2025

O municipio de Burela acollerá do 20 ao 24 de xuño unha nova edición do Memorial Rodrigo Maseda Lozano, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da Mariña lucense que este 2025 celebra a súa duodécima edición. Organizado pola Fundación Indecum, o evento renderá homenaxe un ano máis a quen fora un referente na comunidade a través do deporte base, coa participación de equipos de toda Galicia e o apoio de numerosas entidades públicas e privadas.

O torneo, que leva o lema “Heroes do Orzán” en lembranza aos axentes da Coruña falecidos en acto de servizo, contará con categorías femininas e masculinas —desde benxamíns ata xuvenís— e tamén mixtas para os máis pequenos, nas divisións de biberón e prebenxamín. A iniciativa vai máis alá do aspecto competitivo, promovendo valores como o compañeirismo, a solidariedade e a educación en igualdade a través do deporte.

A organización conta coa colaboración da Deputación de Lugo, os concellos de Burela, Cervo, Foz, Viveiro e Xove, así como da Xunta de Galicia, a Policía Nacional, Cruz Vermella, entidades educativas e o sector pesqueiro local. Tamén están implicados clubs deportivos como o Burela FS e institucións coma o IES Monte Castelo, entre outros.

Ademais do compoñente deportivo, o evento será unha festa de convivencia, con múltiples actividades paralelas que reforzarán o espírito integrador do memorial. A alcaldesa de Burela, os responsables da fundación organizadora e representantes do tecido social e institucional da comarca destacaron que o Memorial Rodrigo Maseda Lozano se consolidou como un símbolo de unión arredor do deporte e da memoria.

⚙ Configurar cookies
0.087685108184814