O concurso de Caretas de Entroido de Xove 2024 xa ten os seus premiados

AMariñaXa
O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do concurso de caretas de Xove.
24 Feb 2024

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha en xaneiro deste ano 2024 unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.

Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do Ceip Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenoss de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO.

En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.

Na categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos), os gañadores foron Xare González Celaya, María García Val e Zoe Sierra Escobar. Na categoría 1º e 2º de Primaria, os premiados foron Anaïs Romero Suárez, María Moreira Rego e Celia Maseda Peña. Na seguinte categoría de 3º e 4º de Primaria os gañadores foron Jesús López Franco, 2David Burgos Peloche e Gabriel Miramontes Atanes. En 5º e 6º de Primaria os agasallados foron Óscar Bértolo Casabella, Blanca Casariego Mariño e Álvaro García Casabella. E na categoría 1º a 4 º de ESO foron Carla Casabella Puñal, Marcos Mariño Ferrería e Paula Sánchez Pernas.

0.12464308738708