O Concello mindoniense inicia rondas informativas por barrios e parroquias

AMariñaXa
O Concello mindoniense inicia rondas informativas por barrios e parroquias para informar da súa xestión e recoller propostas e suxestións.
Catedral Mondonedo portada
Catedral Mondonedo portada
23 Abr 2022

Esta nova rolda de encontros é un paso máis na proximidade aos veciños e de transparencia na xestión do goberno local, para informar e recoller suxestións.

O equipo de goberno do concello de Mondoñedo inicia as rondas informativas por barrios e parroquias do municipio para informar da súa xestión e para recoller propostas e suxestións. É un paso máis na liña de transparencia e proximidade aos veciños seguida polo equipo encabezado polo alcalde, Manuel Otero.

As dúas primeiras reunións desta nova rolda celebraranse o domingo, día 24. A primeira será as 12.00 horas, cos veciños e veciñas da Rúa Rigueira e Río de Xisto, diante da Fonte Vella. O asunto a tratar será o das obras de acondicionamento de parcelas na Rúa Rigueira, Río de Sixto.

As 20.00 horas, os membros do equipo de goberno reuniranse con veciños e veciñas de O Carmen, na escola de O Carmen. No encontro abordaranse distintas cuestión de interese para a parroquia

0.17935395240784