O Concello e a asociación Trabada Paso a Paso ofertan unha nova ruta

AMariñaXa
Organizan a Ruta do Vento, un percorrido de 11 quilómetros e dificultade baixa
trabada_sendeirismo
3 sep 2024

O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso continúan co seu programa de rutas de sendeirismo e celebrará a Ruta do Vento o vindeiro 22 de setembro. Esta ruta, de dificultade baixa e cun percorrido de 11 quilómetros, partirá ás 10:00 horas desde a praza do Concello.

Ao rematar a camiñada, todos os participantes poderán gozar dunha comida conxunta. Dado que as prazas son limitadas, é necesario inscribirse na actividade antes do 18 de setembro, chamando ao número 982 135 011. As persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicalo no momento da inscrición.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia destas rutas para "dar a coñecer o fermoso patrimonio natural de Trabada, un dos maiores atractivos do noso municipio, á vez que se promove o deporte e un estilo de vida saudable". O rexedor tamén agradeceu a iniciativa e colaboración da asociación Trabada Paso a Paso na organización destas actividades.

O programa de sendeirismo do Concello de Trabada comezou en xuño coa Ruta da Subida ao Picato e en xullo coa Ruta da Fraga da Vilapena. A programación continuará o 13 de outubro coa Ruta do Monte Roxal-Teixido e finalizará o 10 de novembro coa Ruta Fraga da Becerreira.

trabada Ruta do Vento
0.11763501167297