O Concello de Xove quere crear un grupo de participación xuvenil
AMariñaXa
A oficina municipal de información xuvenil, OMIX, do Concello de Xoveinformou de que queren crear un grupo de participación xuvenil
![concello xove casa consistorial](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2022/12/concello-xove-casa-consistorial.jpg)
concello xove casa consistorial
13 Feb 2023
A oficina municipal de información xuvenil, OMIX, do Concello de Xoveinformou de que queren crear un grupo de participación xuvenil a nivel municipal.
Así, están a solicitar a colaboración das familias do municipio para animar aos rapaces a participar nesta iniciativa. Todas as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 571 816 ou pasar pola OMIX para anotarse e máis información.
A Oficina de Información Xuvenil é un servizo público e gratuito que o Concello pon a disposición da xuventude; empezou co obxectivo de dotar ós xóvenes dun servizo capaz de responder a diversos temas como o seu tempo libre, estudos, emprego, bolsas, cursos, idiomas, etc. e dar resposta á mocidade, tanto de información como de asesoramento, tramitación de carné xove (Euro<30) e organización de actividades dirixidas e orientadas á xuventude.
![novos ordenadores aula informatica omix](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2022/07/novos-ordenadores-aula-informatica-omix-200x104.jpg)