O Concello de Xove presenta o seu Calendario 2025 con paisaxes pouco coñecidas
AMariñaXa
Trátase dunha iniciativa que cada ano se envía nestas datas a tódolos domicilios do concello
19 Dec 2024
Dolores Meitín Guerreiro, concelleira de Cultura do Concello de Xove, presenta o Calendario 2025. Trátase dunha iniciativa municipal que cada ano se envía nestas
datas a tódolos domicilios do concello.
A temática seleccionada para este 2025 son as paisaxes do municipio menos coñecidas. Panorámicas singulares ou recunchos de gran beleza pertencentes ás oito parroquias
de Xove.
Informan desde o Concello que o almanaque complétase cunha felicitación de nadal do alcalde e da corporación municipal, ademais dunha ampla listaxe con teléfonos de servizos de interese para a poboación.