O Concello de Xove presenta a súa programación de Nadal

AMariñaXa
Entre as actividades propostas, destaca a chegada de Papá Noel á Residencia de San Bartolomeu
Presentación-Nadal-Xove
12 Dec 2024

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentan a programación especial de Nadal do Concello de Xove para as vindeiras semanas. Aínda que as actividades xa comezaron o día 5 de decembro co acendido do alumeado de Nadal, o programa dará inicio oficialmente o próximo 20 de decembro coa chegada de Papá Noel á Residencia de San Bartolomeu e despois á festa infantil que terá lugar ás 17.30 no Pavillón Municipal de Deportes.

O programa está cheo de eventos que son un éxito cada ano, coma a VI Gala do Emprendemento Local, o 20 de decembro, o Concerto de Nadal da Escola de Música e Orquestra Clásica de Xove, o 26 de decembro, o popular XII Concurso de Karaoke o venres, 27 de decembro, e a imprescindible Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro.

Este ano, como novidade, inauguraremos un Mercado de Nadal “O faio de Generosa” o día 21 de decembro, que permanecerá aberto pola mañá e pola tarde ata o 23 de decembro, na Oficina de Información Turística de Xove. Todo isto, ademais de decenas de actividades infantís, culturais e musicais, que acompañarán á veciñanza de Xove, ademais de todas aquelas persoas que queiran durante as festividades do Nadal e Aninovo 2024-2025.

O PROGRAMA

  • Venres 20 ás 17:30 h DJ infantil no pavillón municipal. Logo Papá Noel, despois de visitar a Residencia San Bartolomé, chegará ao pavillón. Chocolatada gratuíta ata rematar existencias. Ás 20.30 horas no salón de actos: VI Gala de Emprendemento Local, coa actuación de David Catá (para todos os públicos).
  • Sábado 21 ás 11.00 horas será a inauguración do Mercado de Nadal “O faio de Generosa” na oficina de Turismo.
  • Domingo 22 ás 18.00 horas un contacontos (Caxoto): “Un paxe real en apuros”. Público familiar/infantil (De 4 a 10 anos). No Mercado de Nadal “O faio de Generosa”, da Oficina de Turismo. Contará a súa experiencia e recollerá as cartas que a rapazada lle entregue para facerllas chegar directamente aos Reis Magos.
  • Xoves 26 ás 18.00 horas no Salón de Actos: O Tradicional Concerto de Nadal, coa Escola Municipal de Música e a Orquestra Clásica de Xove.
  • Venres 27 ás 21.30 horas no pavillón o XII Concurso de Karaoke. Inscrición previa ata o 26 de decembro no Concello ou o mesmo día de 17.00 horas a 19.00 horas. no pavillón á vez que se realizarán os ensaios por orde de inscrición. Os participantes que leven música propia, non incluída na lista facilitada pola Organización, teñen como data límite de inscrición ata o 19 de decembro.
  • Sábado 28 ás 22.30 horas Concerto de Great Straits no pavillón municipal co tributo a Dire Straits. Entrada de balde.
  • Martes 31 ás 11.00 horas no pavillón Festa infantil fin de ano.
  • Xoves 2 e venres 3 ás 20.00 horas na aula multideportiva convocatoria ás familias para ensaio de Coreografía de panxoliñas con Sala 5 participar na Cabalgata de Reis.
  • Sábado 4, o Día da Infancia. De 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Xogos acuáticos na piscina municipal e a partir das 16.00 horas infachables no pavillón.
  • Domingo 5 ás 19.00 horas Cabalgata de Reis polas rúas de Xove, despois de visitar a Residencia San Bartolomeu. Ás 20.00 horas no pavillón animación infantil con Disco Móbil.

XUVENTUDE E IGUALDADE

Os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e os 2 e 3 de xaneiro, de 8.45 a 14.00 horas o Programa Xove Concilia Nadal, para nenas/os de 3 a 10 anos. Inscrición na OMIX ata o 16 de decembro. Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e os 2 e 3 de xaneiro, no Centro Xuvenil, de 10.30 a 13.30 horas Programa Mañás Activas por Nadal, para nenas/os a partir de 5o de Primaria. Inscrición OMIX ata o 20 de decembro.

O xoves 26 decembro de 10.30 a 11.30 horas 'Taller: Para, pensa, conéctate contra a violencia de xénero na rede no Concello de Xove'. Para mozos/as de 10 a 17 anos. Aula de informática do Centro Xuvenil. Para anotarse chamar ao 982 571 816 ou pasar polo Centro Xuvenil. Prazas limitadas. O mesmo xoves 26 decembro de 11.30 a 12.30 horas. O 'Taller (Des) Conecta- Conéctate contra a Tecnoadicción no Concello de Xove' para mozas/os de 10 a 18 anos. Aula de informática do Centro Xuvenil. Para anotarse chamar ao 982 571 816 ou pasar polo Centro Xuvenil. Prazas limitadas.

0.1540219783783