O Concello de Xove organiza dous concursos polo Día das Letras Galegas

AMariñaXa
Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar o Día das Letras Galegas un concurso destinado a nenos e xoves.
letras galegas xove portada
28 Apr 2021

Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar o Día das Letras Galegas un concurso destinado a nenos e xoves.

Dentro da convocatoria hai dous Cconcursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos e rapaces do Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por  outra, estimular á xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

Os participantes no concurso literareo poden optar libremente por realizar poesía de medida e tema libres, escribir un relato ou conto libre ou facer unha redacción sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.

Poden participar nenos e xoves a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

No concurso de Artes Plásticos poderán facer un debuxo de tema e composición libre ou un cómic sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.

Todos os traballos deberán estar realizados obrigatoriamente en galego e deberán presentarse en folios tamaño A4, por unha soa cara, figurando no reverso dos mesmos o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do participante. Os traballos non poderán ocupar máis de dous folios por unha soa cara.

A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto co traballo a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 10 de maio de 2021; se por cuestións da covid a Biblioteca pechase ou estivese pechada, a inscrición realizaríase no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de luns a venres, dende as 7.45  ás 15:15 horas),  tamén con data límite de 10 de maio de 2021. 

O xurado estará formado por un mínimo de 3 membros, podendo estar composto por ata seis membros: dous representantes seleccionados pola organización do concurso de entre os representantes das asociacións culturais, deportivas ou de outra índole, que consten inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Un representante da ANPA do CEIP Pedro caselles Rollán, un do CEIP Pedro Caselles Rollán, un do IES Illa de Sarón e outro do Concello de Xove, que será a Bibliotecaria Municipal.

Haberá tres premios (primeiro, segundo e terceiro) por curso para cada un dos concursos. Os premios consistirán en lotes de material escolar cunha valoración de 35 euros.

xove letras galegas 2021
0.18184208869934