O Concello de Xove impulsa obradoiros de ioga para coidadoras e persoas con enfermidades crónicas

AMariñaXa
As sesións, gratuítas e abertas á veciñanza, celebraranse dous mércores ao mes na Casa do Director a partir do 15 de outubro
ioga
10 Oct 2025

O Concello de Xove pon en marcha unha nova proposta dirixida ao benestar físico e emocional da súa veciñanza: os obradoiros de ioga para coidadoras e persoas con enfermidades crónicas. A iniciativa desenvolverase na Casa do Director, con clases programadas dous mércores ao mes, sempre ás 19:00 horas, e dará comezo o vindeiro 15 de outubro.

Desde o Departamento de Servizos Sociais explican que esta actividade nace co obxectivo de ofrecer un espazo de calma, coidado persoal e encontro para quen afronta o día a día de forma especialmente esixente, xa sexa por tarefas de coidado ou por problemas de saúde de longa duración.

A participación é totalmente gratuíta, e as persoas interesadas poden anotarse chamando ao número 691 235 185 ou de maneira presencial nos Servizos Sociais municipais.

⚙ Configurar cookies
0.14718103408813