O Concello de Xove homenaxeou aos xogadores de bolos locais
O Concello de Xove homenaxeou aos xogadores de bolos locais durante o intermedio da competición da Liga de Bolos do Concello que tiña lugar en Lago.
"Que o noso Concello é unha potencia neste deporte non é un secreto, xa que hai moitos anos que dende o Concello se apoia este deporte, organizando competicións deportivas e apoiando aos xogadores federados, neste caso ao club", dixeron o o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de deportes, Cristina Iglesias.
Os xogadores do club, nas distintas categorías individual, parellas, mixtos, séniors femininos e masculinos, xuvenís, etc., veñen tendo un desempeño importante neste deporte, "acadando importantes logros nos distintos campeonatos nacionais e tamén galegos. Lóxicamente, ademáis da importante impronta deportiva, temos que agradecerlles que paseen o nome do noso Concello por toda Galicia e tamén por alguns lugares fóra de Galicia", engadiron.