O Concello de Xove faise coa propiedade das ruínas de San Tirso de Portocelo
O Concello de Xove informou que se fixo coa propiedade das ruínas da capela de San Tirso de Portocelo e do terreo no que se atopan. Así. o manifestou o equipo de Goberno trala comunicación da Diócese de Mondoñedo-Ferrol da súa doazón.
Xa fai un tempo que o Concello solicitoullo formalmente á propietaria e esta consecución significa que a área de San Tirso de Portocelo pasa a ser propiedade do Concello de Xove na súa totalidade, conferíndolle capacidade ao Municipio para deseñar un Proxecto de Restauración e, sobre todo, Conservación e Protección dunhas Ruínas de extraordinario valor histórico.
Así mesmo, poderán encarar unha segunda fase máis completa da Intervención Arqueolóxica na zona de San Tirso de Portocelo iniciada no ano 2020, na que se acadou un rotundo éxito de resultados.