O Concello de Viveiro quere modificar os prezos das escolas infantís para o segundo fillo

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa no Pleno trataranse os prezos públicos do servizo do centro de atención á primeira infancia ou escola infantil.
1e371fb2 deba 4fe0 850e 920de04966d4
2 Nov 2020

O Concello de Viveiro informa de que na orde do día do Pleno que terá lugar mañá martes, 3 de novembro, inclúese, entre outros temas, a aprobación da modificación da Ordenanza Fiscal número 44, reguladora dos prezos públicos do servizo do centro de atención á primeira infancia no Concello de Viveiro, co obxectivo de incluír a bonificación do 100% das cantidades correspondentes á matrícula do segundo fillo ou filla e sucesivos pertencentes á mesma unidade familiar.

Esta bonificación regúlase segundo o establecido na Disposición adicional novena da Lei 7/2019, de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, sendo o seu establecemento e aplicación voluntarios no caso das escolas infantís de 0-3 anos dependentes das entidades locais.

O financiamento desta bonificación realizase por parte da Xunta de Galicia a través do Plan Concertado; no caso do Concello de Viveiro, que aplica un sistema de copago en contía equivalente á derivada do réxime de prezos establecidos pola Xunta de Galicia, a compensación por parte da Xunta de Galicia para a aplicación desta bonificación será pola cantidade íntegra.

O Concello de Viveiro pretende modificar a ordenanza fiscal reguladora do prezos públicos da gardería para comezar a aplicar esta bonificación en xaneiro de 2021, tendo en conta que dadas as extraordinarias circunstancias do presente ano, que motivaron un importante retraso no proceso de inscrición na escola infantil; e polas as dúbidas xurdidas en canto á aplicación do desconto e a falta de concreción orzamentaria -cuestións resoltas pola Xunta de Galicia mediante unha nota aclaratoria en data 28 de setembro de 2020- , non se puido levar a cabo o acordo e modificación da ordenanza para iniciar a gratuidade do segundo fillo en setembro de 2020.

Cabe destacar, finalmente, que neste momento hai un total de 15 nenos e nenas matriculados na escola infantil municipal que cumprirían o requisito para a gratuidade por esta bonificación.

Dende o goberno municipal considérase que esta bonificación, para a matrícula gratuíta do segundo fillo ou filla e sucesivos/as da unidade infantil na escola infantil de 0-3 anos, supón unha importante axuda para as familias de cara á conciliación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17168307304382