O Concello de Viveiro recibiu un diploma da Secretaría de Estado de Turismo pola calidade do servizo ofrecido.
AMariñaXa
O Concello de Viveiro instala unha pantalla de grandes dimensións na Oficina de Turismo pra promoción do municipio
16 Xan 2024
O Concello de Viveiro recibiu un diploma da Secretaría de Estado de Turismo pola calidade do servizo ofrecido.
“A distinción recoñece a calidade do servizo, o traballo feito durante moito tempo por Marisol Rey e a aposta da alcaldesa, María Loureiro, polo turismo e o sector servizos de Viveiro”, asegura Jesús Fernández,concelleiro de Mar.
A próxima semana presentarase en Fitur un vídeo no que figura Viveiro representando o turismo familiar da man da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega e a súa familia.