O Concello de Viveiro licita a concesión de varios postos no mercado

AMariñaXa
A concelleira Iria Cotelo explica que así dinamizan a Praza de Abastos e dan uso aos postos baleiros
VIVEIRO-18-NOV-Mercado
19 Nov 2024

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro anuncia a licitación pública para a concesión de varios postos no mercado municipal da Praza de Abastos.

A concelleira de Mercado e Comercio, Iria Cotelo, sinala que esta licitación especial busca “darlle uso ao espazo, actualmente con moitos postos baleiros, e dinamizalo mentres se espera á remodelación da praza”.

“As persoas interesadas na concesión poderán visitar in situ os postos dispoñibles, coñecer as súas características e aclarar posibles dúbidas sobre o procedemento de licitación”, destaca Cotelo.

Para isto será necesario poñerse en contacto co Concello no número de teléfono 982 560 128 ou co Departamento de Contratación do Concello. Haberá un total de nove postos dispoñibles para a súa concesión de uso privativo.

A superficie dos postos oscila entre os 6,50 metros cadrados do posto número 1 aos 28,55 metros cadrados dos postos 7/9. De xeito acorde, o canon a pagar polo seu uso está entre os 31,07 euros e os 65,09 euros mensuais, ou entre os 177,84 euros e os 781,08 euros anuais.

0.16440677642822