O Concello de Viveiro felicita aos equipos locais de fútbol pola boa tempada

AMariñaXa
O Concello de Viveiro felicita aos equipos locais de fútbol pola boa tempada. En concreto aos cadetes do Viveiro C.F. e aos do S.D. Viveiro
Viveiro SD FC cadetes
9 Xuño 2022

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu ao equipo de cadetes do Viveiro C.F. e aos cadetes do S.D. Viveiro na sala multiusos do Concello de Viveiro. A rexedora entregoulles un pequeno detalle aos equipos e aos xogadores polos éxitos obtidos na presente tempada. 

Pola súa banda, os cadetes do Viveiro C.F. gañaron a Liga Galega da súa categoría, logrando así o ascenso á División de Honor. Doutra banda, os cadetes do S.D. Viveiro gañaron a Liga Provincial, conseguido así unha praza na Liga Galega para a vindeira tempada. 

“Os éxitos deportivos dos nosos equipos son un orgullo para todo Viveiro. Dende o goberno local seguiremos apoiando ós deportistas locais, especialmente nas categorías de menores”, subliñou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

0.12827110290527