O Concello de Viveiro entregará a Medalla de Ouro á Confraría de Pescadores de Celeiro en decembro
O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi Leal Cidade de Viveiro á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro o próximo sábado 16 decembro.
A medalla entrégase polo centenario da confraría e o acto, aberto a todos os veciños e veciñas, será ás 12.00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”.
https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/236815/
https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/240836/