O Concello de Viveiro entrega a Medalla de Ouro á Confraría de Celeiro

AMariñaXa
Celebraron unha cerimonia en conmemoración do centenario desta entidade de pescadores
VIVEIRO-20-NOV-Confraría-Celeiro-2
20 Nov 2024

O Concello de Viveiro estivo presente nos diversos actos de conmemoración do centenario da Confraría de Pescadores Santiago Apostol de Celeiro, que comezaron no local social desta entidade.

O centenario da confraría tivo lugar a finais do pasado ano 2023, e foi celebrado cunha cerimonia onde o Concello de Viveiro fixo entrega á entidade da Medalla de Ouro da Cidade.

Os actos celebrados hoxe incluíron a inauguración dun mareógrafo na praza do monumento ao náufrago, así como diversas exposicións sobre os 100 anos de historia e tradición pesqueira na localidade. Tamén tivo lugar unha actuación do grupo musical vocal Sons de Celeiro.

Asistiron aos actos en representación da Corporación Municipal a alcaldesa María Loureiro, os membros do equipo de goberno Jesús Fernández Fernández, concelleiro de Mar, e Iria Cotelo. Tamén os concelleiros Martín Vale Cobo, do PP, e Bernardo Fraga Galdo e Manuel Galdo Dopico, de Por Viveiro.

A rexedora María Loureiro quixo "felicitar unha vez máis á confraría polos seu
traballo no municipio, sendo unha das entidades máis destacadas do sector. De seguro virán outros 100 anos loitando polo futuro da pesca, do mar e do noso concello", concluíu.

0.12998604774475