O Concello de Viveiro demándalle unha vez máis a Portos o arranxo do firme do peirao

AMariñaXa
O Concello de Viveiro demándalle unha vez máis a Portos de Galicia o arranxo do firme do peirao que ten fochancas e está en mal estado.
FOCHANCAS PEIRAO VIVEIRO 2
FOCHANCAS PEIRAO VIVEIRO 2
29 mar 2023

O Goberno municipal lamenta "o deplorable estado no que se atopa o peirao de Viveiro", cunha gran cantidade de fochancas e en mal estado.

Nesta situación, Portos de Galicia ofrece ao Concello de Viveiro a posibilidade de asinar un convenio temporal por un período de catro anos (cunha posible prórroga por outros catro anos), no que se establece que o concello debe asumir, entre outras obrigas, a responsabilidade de mantemento e conservación das instalacións, entregando o peirao ao concello no mesmo estado no que se atopa agora.

Evidentemente, enténdese que esta zona ten que derivar no Concello de Viveiro, pero está claro que agora mesmo se atopa nunha situación bastante lamentable e "consideramos que a cesión se debería realizar tras o seu arranxo".

Consecuentemente, o goberno municipal continúa realizando xestións con respecto ao peirao de Viveiro, buscando a mellor opción para os veciños e veciñas e evitando ter que asumir todos os gastos de arranxo previo e mantemento que pretende Portos de Galicia mediante a sinatura do convenio.

O Concello en ningún momento se nega a realizar as labores de mantemento, pero entende que a cesión debe realizarse en bo estado.

Neste sentido, o Concello de Viveiro está realizando as tramitacións con Costas para levar a reversión do peirao a favor de Costas, propietaria desa zona, e realizar posteriormente unha posible desafectación ao concello para contar así coa súa titularidade.

Nese sentido lamenta que os membros do grupo municipal do PP, cada vez que falan do peirao de Viveiro, non publiquen as fotografías que evidencian o estado real deste espazo.

FOCHANCAS PEIRAO VIVEIRO 1