O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas con múltiples actividades

AMariñaXa
As actividades continuarán o sábado 18 con 'Como montar a túa banda de verán' de Xoán Curiel
Día-das-Letras-Galegas-Viveiro
17 May 2024

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades no Teatro Pastor Díaz. “Unha xornada para conmemorar e festexar a importancia de ter unha lingua propia, ademais de destacar a figura de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Houbo unha interpretación do Himno de Galicia a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro; baile tradicional a cargo dos grupos infantil e xuvenil de Bágoas da Terra, e 'Música e libros', coa actuación do Coro Infantil do Colexio Lois Tobío de Viveiro e da Coral Polifónica Alborada de Viveiro, coa colaboración da Librería Porta da Vila e África Copias.

As actividades continuarán o sábado 18 con 'Como montar a túa banda de verán' de Xoán Curiel. Será ás 12.00 horas na Biblioteca Municipal e ás 12.30 horas haberá pasarrúas de música tradicional a cargo do grupo Amigos do Folk, en Covas. Xa ás 20.30 horas Migallas Teatro representará 'Falemos coma galegas' no Teatro Pastor Díaz.

Finalmente, o domingo 19 haberá pasarrúas de música tradicional a cargo do grupo Espera que Vou Mexar, ás 12.30 horas por Celeiro.

0.16092801094055