O Concello de Viveiro avisa dun corte de tráfico na LU-161

AMariñaXa
Con motivo das obras que se van realizar na estrada
VIVEIRO-16-NOV-Corte-estrada-2
16 Nov 2024

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que o vindeiro luns, día 18 de novembro, realizarase un corte de tráfico temporal na estrada LU-161 en horario de mañá, con motivo das obras que se van realizar na mesma.

O corte terá lugar entre as 8.30 e as 12.00 horas da mañá para proceder a unha reposición do pavimento. Esta resulta necesaria para mellorar o estado da vía e minimizar os problemas de circulación, aumentando a seguridade na mesma. Co obxectivo de reducir o impacto do corte de tráfico e garantir a mobilidade, habilitáronse unha serie de rutas alternativas para as persoas usuarias de esta vía.

Por unha banda, informa, os vehículos lixeiros deberán circular por Rego do Golpe e Barbeito, saíndo posteriormente na rúa Nova. Por outra banda, os vehículos pesados terán como alternativa a conexión coa LU-161 á altura de Ourol.

Dende o Concello piden desculpas polas posibles molestias ocasionadas e agradece a colaboración de todos os condutores e conductoras para seguir as rutas establecidas.

0.16727590560913