O Concello de Viveiro acollerá o 9 de agosto a VII Carreira Popular de Viveiro #TODOSCONADRY

AMariñaXa
O Concello de Viveiro organiza este sábado día 10, a partir das 13.00 horas, unha recepción na sala Multiusos a Adrián Ben
CARREIRA VIVEIRO adrian ben 2023
7 Ago 2023

O Concello de Viveiro acollerá o próximo mércores, 9 de agosto, a VII Carreira Popular de Viveiro #TODOSCONADRY, que servirá tamén de homenaxe a Adrián Ben.

No acto de presentación da carreira participaron o propio Adrián Ben; a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.

O día 9, desde ás 20:00 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2016 e posteriores); Sub10 (2014-2015); Sub12 (2012-2013); Sub16 (2008-2009); Sub14 (2010-2011), e Absoluta (2007 e anteriores).

Loureiro e Rodríguez Abuín destacaron o carácter da proba, “para todas as idades e co obxectivo de facer deporte nun ambiente familiar”.

Adrián Ben, en plena preparación do Campionato do Mundo, agradeceu a organización da proba e a homenaxe.

Máis información en www.tourmariña.com e inscricións en ccnorte.com.

0.19198107719421