O Concello de Viveiro acolle unha ruta polas minas da Silvarosa

AMariñaXa
O Concello de Viveiro acollerá, o vindeiro sábado 7 de outubro, un roteiro polas antigas Minas da Silvarosa.
Roteiro Minas da Silvarosa viveiro 2023
28 sep 2023

O Concello de Viveiro acollerá, o vindeiro sábado 7 de outubro, un roteiro polas antigas Minas da Silvarosa. Na actividade, organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, visitaranse as distintas instalacións das antigas minas, activas entre 1896 e 1966, da man do xeólogo Eduardo González Clavijo. Estas representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia, con boa parte da súa produción destinada á exportación.

Na ruta ao patrimonio mineiro de Viveiro explorarase a contorna dunha fermosa paisaxe natural seguindo as explicacións correspondentes de Eduardo González. As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización da actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.

O evento dará comezo ás 10.00 horas da mañá do vindeiro sábado 7 de outubro. A inscrición é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que será necesario contactar previamente coa organización a través do número 667 647 043.

cartel ruta minas da silvarosa viveiro 2023
0.11963582038879