O Concello de Vegadeo organiza un campamento de Nadal

AMariñaXa
O Concello de Vegadeo organiza un campamento de Nadal con actividades lúdicas para nenos e nenas de 3 a 12 anos
1 campamento nadal vegadeo 2022
1 campamento nadal vegadeo 2022
11 Dec 2022

O Concello de Vegadeo organiza un campamento de Nadal con actividades lúdicas para nenos de 3 a 12 anos. Este será os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro de 9.30 a 14.30 horas.

Para participar será necesario pre-inscribirse do 12 ao 18 de decembro na web do Concello e a asignación da praza comunicarase por vía telefónica ás persoas admitidas para que posteriormente procedan á inscrición e á entrega da documentación no prazo establecido.

Para máis información haberá que poñerse en contacto co Concello chamando ao teléfono 982 634 022.

campamento nadal vegadeo 2022
0.17999911308289