O Concello de Trabada impulsa a recuperación do miradoiro da Ría de Abres cunha nova subvención

AMariñaXa
A subvención permitirá a recuperación e posta en valor deste enclave natural e turístico na Ría de Abres
Area-recreativa-A-Choza-trabada-2025
26 Mar 2025

O Concello de Trabada vén de conseguir unha subvención de 30.000 euros destinada á adecuación, recuperación e tratamento paisaxístico do miradoiro situado na Área recreativa de A Choza, na Ría de Abres. Este financiamento permitirá mellorar un espazo de gran valor natural e potenciar a súa atracción turística, beneficiando tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a zona.

A solicitude da axuda foi presentada polo Concello o pasado 21 de febreiro ás 12:02, apenas dous minutos despois da apertura do prazo de inscrición. Este feito reflicte a planificación estratéxica e a eficiencia do equipo municipal na captación de recursos para proxectos locais.

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou a relevancia desta subvención e a metodoloxía seguida polo goberno local para acceder a este tipo de axudas: “A previsión e a boa xestión están a dar os seus froitos, como demostran as resolucións favorables que vimos de recibir. Este é o camiño que debemos seguir: traballar con planificación e adaptar os nosos proxectos ás bases das convocatorias oficiais.”

Grazas a este apoio económico, o Concello poderá levar a cabo unha intervención clave para a conservación e posta en valor da Área recreativa de A Choza. O obxectivo é optimizar un enclave estratéxico para o desfrute da veciñanza e dos visitantes que se achegan á Ría de Abres, reforzando así o atractivo turístico e ambiental do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.10994410514832