O Concello de Trabada abre a inscrición do seu Campamento de Nadal

AMariñaXa
Unha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos con múltiples actividades e prazas limitadas
TRABADA-2-DEC-Campamento-Nadal
2 Dec 2024

O Concello de Trabada anuncia que este mércores, día 4 de decembro, abrirase o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal 2024-2025.

Este campamento desenvolverase entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro en horario de 9.00 a 14.00, horas e incluirá obradoiros, cinema, xogos e moitas máis actividades.

As inscricións no mesmo poderán ser realizadas na Casa do Concello ata o 13 de decembro. Serán gratuítas, pero as prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de inscrición.

Trátase dunha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que estean empadroados ou que teña familiares empadroados no Concello de Trabada.

O alcalde do municipio, Rubén García Freije, destaca "o compromiso do Concello con impulsar a conciliación familiar a través de propostas de ocio e lecer para a cativada como esta. Agardamos que desfruten moito do campamento un ano máis", engadiu.

0.14585995674133