O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Xixón e Oviedo os días 12 e 13 de decembro

AMariñaXa
A viaxe inclúe visitas ao Museo da Minería e da Industria do Entrego, Oviedo, Xixón e a Universidade Laboral, con aloxamento e comidas por 150 euros por persoa
casa-do-concello-de-riotorto
28 Oct 2026

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Xixón e Oviedo os días 12 e 13 de decembro, cun programa que combina visitas culturais, gastronomía e aloxamento. A actividade contará con 50 prazas e terá un prezo de 150 euros por persoa, con todos os gastos incluídos.

A saída está prevista para as 7:30 horas desde a gasolineira. O sábado 12 de decembro, a viaxe comezará cun almorzo durante o percorrido e unha visita ao Museo da Minería e da Industria do Entrego. Despois, os participantes xantarán nun restaurante local e pola tarde desprazaranse a Oviedo. A xornada rematará cunha cea ás 21:00 horas no hotel ABBA Playa Gijón, onde tamén se aloxarán.

O domingo 13, tras o almorzo no hotel, o grupo visitará Xixón e xantará nun restaurante da zona. Pola tarde, o itinerario continuará cunha visita á Universidade Laboral. A excursión finalizará cunha cea nun restaurante durante o regreso a casa.

Inscrición ata o 30 de novembro

A viaxe dispón de 50 prazas, nas que terán preferencia as persoas usuarias dos centros veciñais. As persoas interesadas deberán inscribirse cos monitores dos centros veciñais ou no propio Concello antes do 30 de novembro.

O prezo de 150 euros por persoa inclúe todos os conceptos previstos na excursión, segundo a información facilitada pola organización.

0.1518669128418