O Concello de Riotorto licita as obras de eficiencia enerxética das vivendas sociais

TerraChaXa | AMariñaXa
Os traballos teñen un orzamento de 61.547,17 euros, ive incluído e un prazo de execución de dous meses e medio
vivendas-sociais-riotorto
8 Sep 2024

O Concello de Riotorto sacou a licitación o proxecto para a contratación da obra de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas sociais da localidade.

Os traballos teñen un orzamento de 61.547,17 euros, ive incluído e un prazo de execución de dous meses e medio.

Fai varios anos que esta edificación está abandonada aínda que se renovou dous anos atrás a cuberta de lousa. Este edificio está dividido en dúas vivendas con entradas independentes. O estado da fachada require unha intervención urxente xa que conta con desconchóns e gretas.

Os traballos que se levarán a cabo consisten na mellora da envolvente térmica dos edificios, concretamente do illamento en fachadas e cubertas, esta última xa executada. Tamén se ocuparán da mellora das condicións de seguridade, hixiene, salubridade e confort, así como a renovación do sistema de calefacción actual, alimentado por combustible fósil, para utilizar la aerotermia.

Tamén se fará a pintura da fachada.

0.16542887687683