O Concello de Riotorto celebrará o 8M con actividades no colexio

AMariñaXa
O Concello de Riotorto celebrará o Día Internacional da Muller o 8 de marzo con varias actividades no CEIP riotortense.
8M riotorto 2022 1
5 Mar 2022

O Concello de Riotorto celebrará o Día Internacional da Muller o 8 de marzo con varias actividades no CEIP riotortense.

Así, ás 12.00 horas haberá unha sesión de contacontos a cargo de Ana Carreira e baixo o título Eu non quero. Esta obra encherá o escenario de imaxinación e de personaxes de conto que mergullarán aos espectadores polas historias.

Acto seguido, ás 12.45 horas, o Mago Rafa deleitará aos participantes nun espectáculo de maxia que divertirá e sorprenderá a partes iguais aos pequenos.

0.14689779281616